Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 12 de abril de 1999 Páx. 4.187

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 1999, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do parque eólico chamado Forgoselo, nos concellos da Capela e San Sadurniño (A Coruña).

O artigo 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, dispón que os estudios de efectos ambientais

se someterán ó trámite de información pública durante quince días hábiles. Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro.-Someter a información pública, por un prazo de quince días hábiles, contados a partir da publicación da presente resolución, o estudio de efectos ambientais do parque eólico chamado Forgoselo nos concellos da Capela e San Sadurniño (A Coruña) solicitado pola empresa Gamesa Promoción Eólica, S.A.

Segundo.-Para os efectos informativos, o estudio de efectos ambientais porase á disposición dos administrados nas seguintes dependencias:

Dirección Xeral de Industria.

Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña.

Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da Coruña.

Concellos da Capela e San Sadurniño.

Terceiro.-As alegacións dirixiranse durante o prazo de información pública á Dirección Xeral de Industria.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 1999.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria