Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 12 de abril de 1999 Páx. 4.186

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se acorda dar publicidade ó acordo do 28 de outubro de 1998, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se formula a declaración de efectos ambientais do proxecto de explotación para granito ornamental da concesión derivada do permiso de investigación denominado Puente, número 2603.

Visto o Decreto 327/1991, do 4 de outubro (DOG do 15 de outubro) de avaliación de efectos ambientais para Galicia, a delegada provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra resolve,

Dar publicidade, mediante a presente publicación, ó acordo do 28 de outubro de 1998, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se formula a declaración do efecto ambiental do proxecto de explotación de granito ornamental da concesión derivada do permiso de investigación nomeado Puente nº 2603, sito en terreos dos termos municipais de Rodeiro e Lalín, provincia de Pontevedra, promovido por Marcelino Cordero Ojea.

A mencionada declaración refírese, en exclusiva, a unha superficie de 1,4 ha comprendida dentro do espacio solicitado para a concesión mineira de 2 cuadrículas mineiras, delimitado polos paralelos 42º 42' 00'', 42º 41' 20'' norte, e polos meridianos 8º 00'40'', 8º 00' 20'' oeste, e foi incorporada ó

expediente da concesión Puente nº 2603, e encóntrase á disposición de calquera interesado nesta delegación provincial.

Pontevedra, 12 de marzo de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra