Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 12 de abril de 1999 Páx. 4.180

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 22 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/9-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, e nos artigos 10 e 16 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización, declaración de utilidade pública e a urxente ocupación da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. derivación Cesantes-O Carballiño.

Situación: Redondela.

Características técnicas: L.M.T., aérea, a 15 kV, de 156 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde un apoio s/n da L.M.T. PSY 7.02 ata o C.T. existente do Carballiño, concello de Redondela.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, por duplicado, no prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formula-las alegacións procedentes por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do regulamento da Lei 10/1966, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

Pontevedra, 22 de febreiro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 99/9 Provincia: Pontevedra.

L.M.T.A. derivación Cesantes-O Carballiño.Termo municipal: Redondela.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

2PozánPradoLuis Rodríguez VilachánO Carballiño-Cesantes, 199

36693 Redondela

990

3PozánHortaJesús Rodríguez VilachánO Carballiño-Cesantes, 161

36693 Redondela

25250

4Eido LabregaLabradíoMª Carmen Míguez

Cabaleiro

Outeiro da Penas-Cesantes, 29

36693 Redondela

1-2435222

6CarballiñoHortaJesús Rodríguez VilachánO Carballiño-Cesantes, 161

36693 Redondela

3216140

8CarballiñoLabradíoDolores Martínez AlonsoO Carballiño-Cesantes, 204

36693 Redondela

440

2552