Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 12 de abril de 1999 Páx. 4.169

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 1999, da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, pola que se modifica a do 5 de outubro de 1998, pola que se convocaba concurso de traslados de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza.

Ante os datos estatísticos do número de asuntos que tiveron entrada nos xulgados do contencioso-administrativo creados por Real decreto 1647/1998, do 24 de xullo, con entrada en funcionamento o 15 de decembro de 1998 cunha dotación provisional de persoal que incluía dous axentes, e vista a posibilidade de que os devanditos xulgados sexan auxiliados polos servicios comúns da capital da súa sede ou os correspondentes decanatos e solicitado informe previo favorable do Consello Xeral do Poder Xudicial, o Ministerio de Xustiza e comunidades autónomas competentes, resolveron de xeito coordinado, retirar do mencionado concurso unha praza de axente xudicial por xulgado do contencioso-administrativo convocada, razón pola que soamente se adxudicará unha praza en cada xulgado ante a resolución do mencionado concurso.

Non resulta precisa a ampliación dos prazos nin a modificación das instancias dos concursantes, xa que a relación de postos de traballo, código dos centros e número de orde do posto de traballo non varía, reducíndose soamente o número de postos que se adxudicarán por órgano xudicial, de dúas prazas de axente a unha praza de axente por xulgado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 1999.

José Antonio Álvarez Vidal

Director xeral de Xustiza e Administración Local