Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 09 de abril de 1999 Páx. 4.094

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 1999, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se anuncia a licitación polo sistema de concurso aberto, da contratación de equipos e materiais necesarios para a posta en funcionamento da Escola de Mergullo do Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa) da Illa de Arousa.

1. Nome e enderezo do órgano de contratación: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura-Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación-Servicio de Ensinanzas Náutico e Marítimo-Pesqueiras. Rúa dos Irmandiños, s/n. Salgueiriños. 15771 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 61 39. Fax: 981 54 61 38.

2. Modalidade de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

a) Lugar de entrega da subministración: Escola de Mergullo no Instituto Galego de Formación en Acuicultura. Punta Niño do Corvo. A Illa de Arousa. Pontevedra.

b) Natureza e cantidade dos productos que se deban subministrar: equipos e materiais para a posta en funcionamento da Escola de Mergullo (5 lotes).

-Orzamento total: cincuenta e nove millóns novecentas oitenta e seis mil pesetas, IVE incluído (59.986.000 ptas., IVE incluído). 360.523,12 euros.

Lote nº 1: equipos de mergullo autónomos e accesorios. 17.340.000 ptas.

Lote nº 2: equipos de mergullo con subministración desde a superficie. 17.905.000 ptas.

Lote nº 3: accesorios informáticos para mergullo. 3.281.000 ptas.

Lote nº 4: circuíto pechado de TV color subacuático. 4.335.000 ptas.

Lote nº 5: subministración e instalación de materiais e equipos para a posta en servicio dunha cámara TEDSA-1300 e panel de enchido de equipos de mergullo autónomo. 17.125.000 ptas.

Total de licitación: 59.986.000 ptas, IVE incluído.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes e/ou polo conxunto das subministracións requiridas: cada licitador poderá presentar proposicións individuais por só un dos lotes da subministración, proposicións agrupadas de varios lotes ou proposición por tódolos lotes.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: prazo máximo dun (1) mes para os lotes 1-2-3-4, e prazo de tres (3) meses para o lote 5, contados desde a sinatura do correspondente contrato.

5.a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse os documentos pertinentes: ver punto 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 13 de maio de 1999.

6.a) Data límite de recepción das ofertas: 20 de maio de 1999.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: ver punto 13.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7.a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: terá lugar na sala de xuntas da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, edificio administrativo San Caetano, ás 10 horas do día 1 de xuño de 1999.

8. Garantías esixidas:

-Provisional:

Lote nº 1: 346.800 ptas.

Lote nº 2: 358.100 ptas.

Lote nº 3: 65.620 ptas.

Lote nº 4: 86.700 ptas.

Lote nº 5: 342.500 ptas.

Licitando ós 5 lotes: 1.199.720 ptas.

-Definitiva:

Lote nº 1: 693.600 ptas.

Lote nº 2: 716.200 ptas.

Lote nº 3: 131.240 ptas.

Lote nº 4: 173.400 ptas.

Lote nº 5: 685.000 ptas.

Licitando ós 5 lotes: 2.399.440 ptas.

9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Condicións mínimas de carácter económico e técnico que deben satisface-los subministradores: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Poderanse presentar variantes segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares.

13. Información complementaria: as proposicións serán presentadas ou remitidas por correo ó rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, edificio administrativo San Caetano. Santiago de Compostela. A Coruña.

14. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 29 de marzo de 1999.

15. Data da recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado OPOCE).

16. Os gastos de publicación dos distintos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 1999.

Joaquín Mariño Cadarso

Director xeral de Formación Pesqueira

e Investigación