Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 09 de abril de 1999 Páx. 4.093

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 9 de marzo de 1999 pola que se aproba o cambio de dominio mortis-causa dunha batea de cultivo de mexillón denominada M.S. III a favor de Concepción Silva Miranda e Jesús e Jaime Silva Silva.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta o previsto no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31), e 10.1º do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (DOG nº 228, do 21), e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: M.S.III.

Cultivo: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización: Caramiñal E, cuadrícula 160.

Data da concesión: 19-6-1978.

Data de finalización da última prórroga: 10-8-2008.

Anterior concesionario: Manuel Silva Muñiz (33.111.903) e Concepción Silva Miranda (33.111.910).

Novo titular da concesión e batea: Concepción Silva Miranda (33.111.910), Jesús Silva Silva (78.780.494) e Jaime Silva Silva (52.453.467).

O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lles sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 9 de marzo de 1999.

P.D. (Orde 27-6-1990)

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña