Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T.C. rúa 25 de Xullo 1-3.
Situación: Narón.
Características técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 250 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 240 mm Al que parte da L.M.T.S. a C.T. Souto Vizoso e final no C.T. prefabricado de 400 kVA en r/ 25 de Xullo 1-3. Narón.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 5 de marzo de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña