Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 09 de abril de 1999 Páx. 4.078

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 22 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, a declaración de utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/77-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, e nos artigos 10 e 16 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización, declaración de utilidade pública e a urxente ocupación da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. derivación Modia.

Situación: Cambados.

Características técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 705 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56,

sobre apoios de formigón, desde unha torre metálica s/n da L.M.T. subestación Cambados ata o C.T. existente de Modia, concello de Cambados.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, por duplicado, no prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formula-las alegacións procedentes por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do Regulamento da Lei 10/1966, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

Pontevedra, 22 de febreiro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 99/77. Provincia: Pontevedra.

L.M.T. derivación Modia.Termo municipal: Cambados.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1O RegoPradoDescoñecido. Rpte. Fiscal da Audiencia Prov. de PontevedraSalvador Moreno, 11

36001 Pontevedra

EXIS333

4BaúloLabradíoBenito Piñeiro PiñeiroVicente Risco, 32

36630 Cambados

484

5BaúloLabradíoEmilia Piñeiro PiñeiroDena, 48

36968 Meaño

52410

6BaúloLabradíoRamón Piñeiro OubiñaModia-Vilariño, 10

36633 Cambados

090

8BaúloMonte baixoAmalia Piñeiro PiñeiroPanadería Isidro, Nantes s/n

36969 Sanxenxo

19115

8/1BaúloMonte baixoCarmen Piñeiro PiñeiroSineiro-Vilariño, 77

36633 Cambados

895

33AgriñoPradoElvira Piñeiro MartínezS. Roque do Monte-Deiro, 96

36627 Vilanova de Arousa

11120

38SeiriñaLabradíoBenito Pazos FuentesCalago, 24

36620 Vilanova de Arousa

665

43SeiriñaLabradíoRomualdo Álvarez PiñeiroXesteira-Vilariño, s/n

36633 Cambados

12145

44SeiriñaLabradíoManuel Oubiña BarralSineiro-Vilariño, 59

36633 Cambados

444

54NaricónLabradíoPastor Piñeiro MartínezS. Roque do Monte -Deiro,s /n

36627 Vilanova de Arousa

36180

56ModiaPradoBernardo Falcón AchaModia-Vilariño, 124

36633 Cambados

06

2540