Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 09 de abril de 1999 Páx. 4.063

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 1999, dos tribunais números 1, 2 e 3 designados para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), convocado pola Orde do 30 de decembro de 1997 (DOG número 12, do 20 de xaneiro de 1998), sobre o anuncio da data, a hora e o lugar de celebración do terceiro exercicio da fase de oposición.

En sesión conxunta celebrada o día 25 de marzo de 1999, os tribunais nº 1, 2 e 3 designados para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo administrativo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 30 de decembro de 1997, acordaron, de conformidade co disposto nas bases II.3.3 e II.3.4 da convocatoria, que o terceiro exercicio da fase de oposición se celebre o día 15 de abril de 1999, ás 17.30 horas na Escola Galega de Administración Pública, s/n, en Santiago de Compostela, en chamamento único. As portas de acceso ó lugar para a realización do exame abriranse ás 17 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos do DNI e bolígrafo ou pluma estilográfica.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 1999.

Jaime Bouzada Romero

Presidente do tribunal nº 1

José A. Fernández Vázquez

Presidente do tribunal nº 2

Domingo Bello Janeiro

Presidente do tribunal nº 3