Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 09 de abril de 1999 Páx. 4.024

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

DECRETO 79/1999, do 8 de abril, polo que se nomea a Juan Caamaño Cebreiro director do Instituto Enerxético de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e no artigo 8.1º da Lei 3/1999, do 11 de marzo, de creación do Instituto

Enerxético de Galicia, por proposta do conselleiro de Industria e Comercio e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día oito de abril de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

Nomear a Juan Caamaño Cebreiro director do Instituto Enerxético de Galicia.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, oito de abril de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio