Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 08 de abril de 1999 Páx. 4.014

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-340).

Por resolución desta alcaldía nº 540/1999, do 1 de febreiro de 1999, acordouse aprobar inicialmente o proxecto de urbanización relativo ó PERI da UE nº 18 Areal Sur-Perillo, en Perillo, tramitado por Gerencia Suelo Industrial Galicia, S.L.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente polo prazo dun mes, que computará desde a derradeira publicación (DOG ou prensa), nas oficinas municipais de Urbanismo, de 9 a 13 horas, tódolos días labarables, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se coiden oportunas.

Oleiros, 12 de febreiro do 1999.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta