Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 06 de abril de 1999 Páx. 3.827

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que modifica a do 16 de abril de 1998 no que respecta á relación de afectados pola instalación eléctrica L.M.T., C.T., R.B.T., Aspera, no concello dos Blancos. (Expediente IN407A 98/60-3 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas e artigos 52 e 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. presentou solicitude de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública da instalación eléctrica de referencia. A declaración de utilidade pública da instalación, segundo o sinalado no artigo 54 daquela, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou a adquisición dos dereitos

afectados -os cales se describen na relación adxunta- e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Como consecuencia da concentración parcelaria realizada na zona de afección da liña eléctrica, produciuse un cambio na relación de afectados cos que a empresa non chegou ó acordo mutuo para o trazado daquela. Polo tanto, a relación que se publica como anexo á presente substitúe a que acompañaba a resolución desta delegación provincial do 16-4-1998, a cal se publicara nos seguintes medios: DOG do 26-6-1998; BOP de Ourense do 18 de maio e diario local La Región do 8 de maio.

Ourense, 5 de marzo de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delelgado provincial de Ourense

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 98/60-3-A.T.

Instalación eléctrica: L.M.T., C.T., R.B.T., Aspera, concello dos Blancos (Ourense).

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

LugarCultivoNome e apelidosEnderezoSuperficie

(m)

Lonxitude

(m)

Superficie

(m)

14PortoPradoFrancisco Dafonte TrigoMosteiro, 8, 32634 Os Blancos 321701.700