Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 06 de abril de 1999 Páx. 3.818

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 1999, dos tribunais números 1, 2, 3, 4 e 5 designados para xulga-las probas selectivas para o acceso ó corpo auxiliar de Administración da Xunta de Galicia (grupo D) convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 30 de decembro de 1997 (DOG do 20 de xaneiro de 1998), pola que se fixa a data, a hora e o lugar da celebración do segundo exercicio das devanditas probas selectivas.

Na sesión conxunta celebrada o día 25 do mes de marzo, polos tribunais números 1, 2, 3, 4 e 5 designados para xulga-las probas selectivas para o

acceso ó corpo auxiliar da Xunta de Galicia (grupo D) mediante orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 30 de decembro de 1997, (DOG do 20 de xaneiro de 1998), e de conformidade coas bases da convocatoria acordouse:

1. Celebra-lo segundo exercicio da fase de oposicións o día 20 de abril de 1999, ás 17 horas, no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela.

2. Convocar ó citado segundo exercicio tódolos aspirantes que superaron o primeiro.

Consonte a base II. 3. 3. da convocatoria, o chamamento é único.

Tódolos opositores deberán comparecer no lugar indicado ás 16.30 horas, provistos do DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, así como bolígrafo ou pluma estilográfica.

3. Que se publique este acordo no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 1999.

Javier Batán Rodríguez

Presidente do tribunal número un