Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 05 de abril de 1999 Páx. 3.760

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CAIXA DE AFORROS DE GALICIA

ASEMBLEA xeral.

O Consello de Administración da Caixa de Aforros de Galicia acordou convoca-los señores conselleiros xerais á asemblea xeral que se celebrará no salón de actos da entidade, sito na cidade da Coruña, Ronda de Nelle, 31, ás 11.30 horas del día 24 de abril de 1999 en primera convocatoria ou, en el mesmo lugar, media hora despois, en segunda, consonte a seguinte orde do día:

1. Constitución da asemblea xeral.

2. Informe do presidente.

3. Informe de dirección xeral.

4. Informe da comisión de control.

5. Exame e aprobación, se é o caso, das contas anuais (balance, conta de perdas e ganancias e memoria) e informe de xestión, tanto da Caixa de Aforros de Galicia como do seu grupo consolidado, e da proposta de aplicación do resultado de Caixa de Aforros de Galicia, todo isto correspondente ó exercicio económico de 1998, así como da xestión do seu Consello de Administración, no mesmo período.

6. Exame e aprobación, se é o caso, da memoria e liquidación dos orzamentos da obra social do exercicio de 1998.

7. Exame e aprobación, se é o caso, de obra social nova e dos orzamentos da obra social para o exercicio de 1999.

8. Autorización ó Consello de Administración, nos más amplos termos, para emitir cédulas e bonos hipotecarios, débeda subordinada, bonos, obrigacións ou calquera outros valores negociables que recoñezan ou creen unha débeda, na contía, termos e condicións que a asemblea determine, deixando sen efecto a autorización concedida para estes mesmos fins pola asemblea xeral do 7 de xuño de 1997, na parte non disposta.

9. Delegación de facultades para a formalización, execución e inscrición dos acordos adoptados e para face-lo preceptivo depósito das contas anuais no Rexistro Mercantil.

10. Nomeamento de interventores para a aprobación da acta da asemblea.

11. Clausura do acto polo presidente.

Quince días antes da asemblea, quedará depositada na sede central da caja e a disposición dos señores conselleiros xerais a documentación relativa ós puntos que figuran no orde do día.

A Coruña, vintenove de marzo de mil novecentos noventa e nove.

O presidente do Consello de Administración

Rubricado