Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 05 de abril de 1999 Páx. 3.759

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación, por concurso aberto, da execución das obras do proxecto de adaptación da planta baixa do edificio situado na avenida de Dona Fermina de Vigo para gardería infantil.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Educación, Patrimonio e Contratación. Nº expediente 12015/240.

2. Obxecto do contrato: descrición: execución das obras do proxecto de adaptación da planta baixa do edificio situado na avenida de Dona Fermina para gardería infantil.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de execución: seis meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 26.505.653 pesetas.

5. Garantías: provisionais: dispensada.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Pza. do Rei s/n

36202 Vigo, teléfono 986 81 01 48, fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: grupo C, subgrupo todos, categoría c.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica e financeira na forma prevista nos artigos 16 e 17 da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas: prazo: 13 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra e Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Plazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte á data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 8 do prego de condicións.

11. Gastos anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 23 de marzo de 1999.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde