Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 05 de abril de 1999 Páx. 3.752

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLEDA DE VALDEORRAS

ANUNCIO de licitación.

Por acordo plenario do 26 de febreiro de 1999, aprobouse o expediente de contratación, mediante procedemento aberto por poxa en tramitación ordinaria, da obra denominada obras complementarias para instalación de fonte artística en Sobradelo, anunciando a convocatoria de poxa.

1. Obxecto:

Execución das obras complementarias para instalación de fonte artística en Sobradelo, de conformidade con proxecto técnico aprobado polo Pleno na sesión do 26 de febreiro de 1999.

2. Orzamento:

Tipo de licitación: 12.200.000 pesetas.

3. Forma de adxudicación:

Procedemento aberto por poxa. Tramitación ordinaria.

4. Prazo de execución:

4 meses.

5. Garantías:

Provisional: 244.000 pesetas.

Definitiva: 488.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

O expediente de contratación e prego de condicións particulares expóñense ó público durante oito días desde a súa publicación no BOP. Os interesados poden obte-la información que consideren oportuna na secretaría do Concello de Carballeda de Valdeorras (Sobradelo), tfno.: 988 33 50 02; fax: 988 33 43 79.

7. Requisitos do contratista:

Persoa física ou xurídica.

Clasificación: grupo E, subgrupo 7, categoría A.

8. Prazo de presentación de proposicións:

As proposicións, segundo o modelo que figura no prego de condicións presentarase no rexistro xeral do concello ás 14 horas do vixésimo sexto día (26)

natural seguinte ó da última publicación do anuncio no BOP ou no DOG (data da última publicación) xuntando a documentación que se especifica no prego de condicións.

9. Apertura de plicas e propostas de adxudicación:

Terá lugar en acto público no salón de sesións do concello, ás 12 horas do día seguinte hábil (agás sábado) a aquel no que remate o prazo de presentación das ofertas, formulándose a oportuna proposta de adxudicación.

Carballeda de Valdeorras, 17 de marzo de 1999.

Mª Carmen Glez. Quintela

Alcaldesa