Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 05 de abril de 1999 Páx. 3.742

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 1999 pola que se anuncia concurso público aberto para a contratación da asistencia técnica para a formación e asistencia ó persoal das oficinas liquidadoras de distrito hipotecario.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público aberto para a contratación da asistencia técnica para a formación e asistencia ó persoal das oficinas liquidadoras de distrito hipotecario.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC), rúa Ramón Piñeiro, nº 27, 15702 Santiago de Compostela, Tf.: 981 54 13 37, fax: 981 54 13 03.

b) Número de expediente: 5/99.

2. Obxecto do contrato.

a) Asistencia técnica para a formación e asistencia ó persoal das oficinas liquidadoras de distrito hipotecario.

b) Prazo de execución: 7 meses contados desde o día seguinte ó da data de formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: 53.000.000 de ptas. (IVE incluído).

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento máximo de licitación: 1.060.000 ptas.

Definitiva: 4% do orzamento máximo de licitación: 2.120.000 ptas.

6. Obtención da documentación e información.

a) Entidade: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable.

b) Domicilio: rúa Ramón Piñeiro, nº 27.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

d) Teléfono: 981 54 13 37.

e) Telefax: 981 54 13 03.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do vixésimo sexto día hábil seguinte á publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

De coincidir en sábado o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e lacrado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC) ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificando a data de imposición do envío na oficina de correos.

8. Apertura das ofertas: en acto público ás 13 horas do quinto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte á finalización do prazo de presentación de ofertas. No Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC).

9. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 1999.

Gonzalo Gómez Montaña

Director do Centro Informático para a Xestión

Tributaria, Económico-Financeira e Contable