Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 31 de marzo de 1999 Páx. 3.691

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 1999 pola que se anuncia concuso para a contratación do servicio de vixilancia nocturna da Casa dos Peixes.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación.

b) Número de expediente: As99/10.

2. Obxecto do contrato: servicio de vixilancia nocturna da Casa dos Peixes.

Prazo de execución: un ano prorrogable a seis.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 6.000.000 de pesetas (IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Domicilio: Pza. de Mª Pita 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña.

d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Correo electrónico: cristinartaytolacoruna.es g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de proposicións:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, finalizando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de proposicións económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: véxase pliego de cláusulas administrativas particulares. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido (Proposición económica, Documentación administrativa e Documentación técnica) e o seguinte lema: Proposición que presenta ... (nome ou denominación social do licitador) para optar ó concurso para a contratación do servicio de vixilancia nocturna da Casa dos Peixes (Ref. As99/10).

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 10 de marzo de 1999.

O alcalde

P.D.

Rubricado