Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 30 de marzo de 1999 Páx. 3.620

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso con procedemento aberto.

Obxecto: execución das obras de substitución da carpintería exterior da fachada leste, 2ª fase do Colexio Calvo Sotelo. (Termo municipal da Coruña).

Orzamento: 7.686.829 ptas. IVE incluído. (46.198,77 euros).

Garantías:

Provisional: 153.736 ptas. (923,97 euros)

Definitiva: 307.473. ptas. (1.847,95 euros).

Prazo de execución: tres meses.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: poderán presentarse no Servicio de Patrimonio e Contratación ata as 13 horas do día, dentro do prazo de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación do anuncio de licitación no BOP ou DOG.

Gastos de anuncios: os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 15 de marzo de 1999.

Augusto César Lendoiro.

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

Jose Luis Almau Supervia

Secretario da Deputación Provincial da Coruña