Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 30 de marzo de 1999 Páx. 3.619

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 1999 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación de servicios de edición do libro El Mundo que Conocí (dous tomos). (Expediente 99/2023 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: servicios de edición do libro El Mundo que Conocí (dous tomos).

Lugar de entrega: Deputación Provincial da Coruña.

Prazo de entrega: dous meses (desde a entrega do material pola imprenta provincial).

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación urxente.

Orzamento: 3.484.000 pesetas = 20.939,26 euros.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 139.360 pesetas = 837,57 euros.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Proposicións. Data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 17 de marzo de 1999.

Augusto César Lendoiro

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña