Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 30 de marzo de 1999 Páx. 3.619

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do día 1 de marzo de 1999, aprobou definitivamente o proxecto de urbanización da unidade de xestión 19 (UX-19) Campo de Santa Marta, promovido por Inmobiliaria Domínguez Vázquez S.A.

Contra o citado acordo pódese interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 1999.

O alcalde

Rubricado