Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 30 de marzo de 1999 Páx. 3.619

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión do 5 de febreiro de 1999, aprobou definitivamente o estudio de detalle e delimitación en Canteiras do Sar, presentado por Edipromfer S.L.

Contra este acordo, que lle pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 1999.

O alcalde

Rubricado