Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 30 de marzo de 1999 Páx. 3.608

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLO DA CULTURA GALEGA

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 1999 pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para a adquisición dun vehículo oficial para o Consello da Cultura Galega.

O Consello da Cultura Galega, ultimados os trámites administrativos pertinentes, resolveu anuncia-lo procedemento de adxudicación do contrato ó que se refire esta resolución e que posúe as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora: Consello da Cultura Galega, praza do Obradoiro, Pazo de Raxoi, 2ª planta, Santiago de Compostela. Teléfono: 981 56 90 20.

2. Obxecto do contrato: adquisición dun vehículo oficial para o Consello da Cultura Galega.

3. Tramitación, procedemento e base de adxudicación: concurso público aberto, con trámite de urxencia.

4. Orzamento base de licitación: seis millóns de pesetas (6.000.000 de ptas.), IVE incluído.

5. Garantía definitiva: 240.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información: nas dependencias do Consello da Cultura Galega, praza do Obradoiro, Pazo de Raxoi, 2ª planta, Santiago de Compostela. Teléfono: 981 56 90 20.

A data límite para a obtención de documentación e información será a fixada para o prazo de presentación de proposicións.

7. Presentación de ofertas: as proposicións presentaranse antes das 14 horas do décimo terceiro día (13) seguinte ó da publicación do anuncio no DOG e elaboraranse segundo o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares. Tódolos documentos esixidos no prego de cláusulas administrativas particulares deberanse presentar en

man no rexistro do Consello da Cultura Galega ou de acordo cos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

8. Apertura de ofertas: a mesa de contratación realizará a apertura das proposicións económicas en acto público, ó que poderán asisti-los licitadores ou os seus representantes, nas dependencias do Consello da Cultura Galega, ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas, que non sexa sábado.

O importe do anuncio de licitación será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 1999.

Carlos Casares Mouriño

Presidente do Consello da Cultura Galega