Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 30 de marzo de 1999 Páx. 3.600

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/224-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Cruído-Devesa.

Situación: Lousame.

Características técnicas: derivada de liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoio de formigón e con conductor LA-56, de 16 m de lonxitude, que parte da liña a San Roque e remata no C.T. Cruído-Devesa, que se vai instalar. Centro de transformación aéreo, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, redes de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 1.675 m desde Cruído-Devesa e 1.515 desde C.T. Cruído. Lousame.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 24 de febreiro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

2138