Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 30 de marzo de 1999 Páx. 3.599

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/50-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: variantes L.M.T.S. Avda. Salgado Torres.

Situación: A Coruña.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 760 m de lonxitude, con orixe nas liñas que alimentan o C.T. Marqués de Amboage (expediente 51243) e remate nas liñas que alimentan os CC.TT. r/ Pose (expediente 27808), Corte Inglés, praza da Cubela (expediente 52714) e liña II da subestación de Eirís. Rede de baixa tensión subterránea en conductor R.V. de 230 m de lonxitude con orixe no C.T. Marqués de Amboage. A Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 23 de febreiro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña