Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 30 de marzo de 1999 Páx. 3.599

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/43-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C., R.B.T.S. rúa do Toxo.

Situación: Ribeira.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, con orixe na liña C.T. Pombal-C.T. Bussons (expediente 26429) e final no C.T. Rúa do Toxo, que se vai instalar. Centro de transformación en caseta prefabricada, de 400 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Rúa do Toxo, do que parte rede de baixa tensión subterránea, en conductor R.V. de 55 m de lonxitude. Ribeira.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 22 de febreiro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña