Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 30 de marzo de 1999 Páx. 3.598

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/86-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Area Fofa.

Situación: Nigrán.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 810 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o C.T. existente de Panxón I alimentado en bucle o C.T. que se proxecta en Area Fofa-Panxón, concello de Nigrán, rematando na mesma liña. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., subterránea, de 75 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 18 de febreiro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

2147