En virtude do establecido no artigo 5 parágrafo segundo e no artigo 7.1º e) do Decreto 127/1998, do 23 de abril, polo que se crea o Consello Galego de Consumidores e Usuarios, e de acordo coa proposta efectuada pola Unión de Consumidores de Galicia-UCE.
DISPOÑO:
Artigo único.-Noméase a Miguel López Crespo como suplente do vocal titular da UCE no Consello Galego de Consumidores e Usuarios, en substitución de Anuncia Crespo Cibeira.
Santiago de Compostela, 15 de marzo de 1999.
Antonio Couceiro Méndez
Conselleiro de Industria e Comercio