Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 29 de marzo de 1999 Páx. 3.568

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

MANCOMUNIDADE DA ÁREA INTERMUNICIPAL DE VIGO

ANUNCIO.

No BOP de Pontevedra nº 47, do 10 de marzo de 1999, publícanse integramente as bases da convocatoria de probas selectivas, realizada pola Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo, para prover, mediante o sistema de concurso-oposición libre, as seguintes prazas vacantes de persoal laboral fixo comprendidas na oferta de emprego público para 1998:

Unha (1) praza de administrativo.

Unha (1) praza de responsable do Servicio de Promoción Económica e Empresarial.

Os que por reuniren os requisitos esixidos na convocatoria, desexen participar neste procedemento selectivo, poderán presentar instancia no prazo de vinte (20) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOE, e logo da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse unicamente no BOP de Pontevedra, segundo o previsto nas bases.

Vigo, 17 de marzo de 1999

Manuel Pérez Álvarez

Presidente