Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 26 de marzo de 1999 Páx. 3.505

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 1999, da Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo (área norte), pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto, das subministracións seguintes: material de laboratorio (C.P. 4/99 N), papel padiola e secamáns (C.P. 5/99 N), modelaxe (C.P. 6/99 N), xiringas e agullas (C.P. 7/99 N), apósitos hidrocoloides, hidrocelulares e alxinatos (C.P. 8/99 N) e material sanitario (C.P. 9/99 N).

A Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo (área norte), en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 21 de abril de 1998, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca os seguintes concursos públicos:

Expediente: 5/99 N.

Obxecto: subministración de material de laboratorio: tiras reactivas de glicosa no sangue, test de estreptococos e test de embarazo.

Orzamento: 2.590.000 ptas. (IVE incluído).

Expediente: 6/99 N.

Obxecto: subministración de papel padiola e secamáns.

Orzamento: 5.452.000 ptas. (IVE incluído).

Expediente: 7/99 N.

Obxecto: subministración de modelaxe: sobres, papel e impresos.

Orzamento: 1.692.600 ptas. (IVE incluído).

Expediente: 8/99 N.

Obxecto: subministración de xiringas, agullas e agullas para pluma de insulina.

Orzamento: 3.111.250 ptas. (IVE incluído).

Expediente: 9/99 N.

Obxecto: subministración de apósitos hidrocoloides, hidrocelulares e alxinatos.

Orzamento: 11.017.500 ptas. (IVE incluído).

Expediente: 10/99 N.

Obxecto: subministración de material sanitario: luvas de látex, máscaras de osíxeno, vendas elásticas crepadas, compresas gasa estéril e apósitos cirúrxicos autoadhesivos.

Orzamento: 11.830.000 ptas. (IVE incluído).

1. Prazo de entrega: os bens obxecto dos concursos referidos entregaranse no prazo de 15 días contados desde a data de adxudicación do contrato, e tendo en conta o previsto no punto 2.2. do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe cada contratación.

2. Fianzas:

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: será do 4% do orzamento de licitación do artigo ou artigos adxudicados.

3. Forma de adxudicación: concurso público e procedemento aberto.

4. Solvencia económica e financeira: acreditarase mediante declaración relativa á cifra de negocios global e das subministracións realizadas pola empresa no curso dos tres últimos exercicios.

5. Solvencia técnica: acreditarase achegando as certificacións ás que se refire o artigo 18 punto e) da LCAP e mostras dos artigos que se van subministrar.

6. Criterios de adxudicación: os establecidos na cláusula décimo primeira do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe as presentes contratacións.

7. Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, pode ser solicitado na Xerencia de Atención Primaria, rúa México 26-1ª planta (Vigo), teléfono 986 81 64 66, en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas.

8. Presentación de proposicións: deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo

licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral desta Xerencia de Atención Primaria (rúa México, 26-4ª, 36204-Vigo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

9. Apertura de proposicións: a apertura de proposicións será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria, rúa de México 26-6ª planta de Vigo, ás 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

10. Documentación que deberán achega-los licitadores: a sinalada no punto nove do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Anuncios: o pagamento dos anuncios dos presentes concursos públicos serán por conta dos adxudicatarios deles.

Pontevedra, 2 de marzo de 1999.

Alberto García Pazos

Director xerente de Atención Primaria

de Pontevedra-Vigo