Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 26 de marzo de 1999 Páx. 3.498

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 1999 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público con procedemento aberto, da subministración dun medidor portátil de gases en emisións de procesos de combustión.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependecia que tramita: secretaría xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: subministración dun medidor portátil de gases en emisións de procesos de combustión.

2.2. Prazo de execución: un mes.

3. Orzamento base de licitación.

Importe total: 3.280.000 pesetas, IVE incluído.

4. Fianza provisional.

2% do orzamento da contrata (65.600 pesetas).

5. Fianza definitiva.

4% do orzamento da contrata (131.200 pesetas).

6. Documentación e información.

6.1. Documentación:

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, na Subdirección Xeral de Xestión Presupostaria e Contratación da Consellería de Medio Ambiente, sita en Santiago de Compostela, rúa dos Basquiños nº 2.

6.2. Información:

Teléfono: 981 54 17 49.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

7.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

7.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

7.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Domicilio: rúa dos Basquiños nº 2.

c) Localidade e Códg. postal: Santiago de Compostela, 15704.

8. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Consellería da Presidencia e Admón. Pública, sala de xuntas B.

b) Domicilio: complexo administrativo de San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o sexto día natural contado desde o último día de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12 horas.

9. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 1999.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente