Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 26 de marzo de 1999 Páx. 3.496

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 10 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se fai pública a solicitude do permiso de investigación 5913.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo fai saber que Outokumpu Minera Española, S.A., con enderezo en Agustín de Foxá, 25-6º D, 28036 Madrid, presentou nesta delegación provincial o día 3 de novembro de 1997 instancia-solicitude do permiso de investigación Valiña de 25 cuadrículas mineiras para recursos de sección C, que se sitúa no concello de Castro de Rei, da provincia de Lugo á que lle correspondeu o número 5913 da provincia de Lugo.

A designación do terreo é a seguinte:

VérticeLonxitudeLatitude

1 -7º 24' 40''43º 12' 20''

2 -7º 23' 00''43º 12' 20''

3 -7º 23' 00''43º 10' 40''

4 -7º 24' 40''43º 10' 40''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiro.

O que se fai público, co fin de que todos aqueles que teñan a condición de interesados poidan constituírse no expediente dentro do prazo de vinte días, de conformidade co establecido no artigo 86.2º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992.

Lugo, 10 de febreiro de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo