Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 26 de marzo de 1999 Páx. 3.479

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa para o trazado da L.M.T., C.T. e R.B.T. en Campoleiro, concello de Sober, e da súa declaración de utilidade pública. (Expediente 11/1998).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa para o trazado das liñas eléctricas de referencia, as que contan coas características técnicas que se relatan a continuación:

a) Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

b) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia, segundo o plan MEGA.

c) Trazado, datos básicos e localización: liña aérea de media tensión 20 kV, con orixe no apoio nº 50 da L.M.T. a Monforte e final no C.T. Campoleiro, de 0,693 km de lonxitude, conductor LA-56/54,6 mm. Centro de transformación intemperie, sito en Campoleiro, de 50 kVA, 20.000-380-220 V. Liña de baixa tensión, aérea, orixe no C.T.A. Campoleiro, cunha lonxitude de 1,09 km.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó amparo do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións que, segundo o sinalado no artigo 54, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os afectados do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, a presente Resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997 e no que non se opoñan e ela nos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa das sancións en materia de instalacións eléctricas.

3. Alegacións.

O que se fai público para que poidan examinarse os proxectos de instalacións nesta Delegación Provincial, edificio administrativo, Ronda da Muralla 70, Lugo, e formula-las reclamacións, por duplicado, que se estimen oportunas durante o prazo de trinta días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, alegacións por escrito que farán en relación co disposto nos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, podendo corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle

ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 22 de febreiro de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 11/1998. Provincia: Lugo.

L.M.T.-C.T.-R.B.T. Campoleiro.Termo municipal: Sober.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

7Gándara NovaMonte baixoJ. Antonio Feijoo BujánSubida do Galo, 4

36320 Chapela

70700