Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.
Domicilio social: rúa Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.
Denominación: centro de transformación de caseta en Marmoiral (A Fonsagrada).
Situación: A Fonsagrada.
Descricións técnicas: C.T. de caseta de Marmoiral de 400 kVA de potencia e relación 20.000/380-220 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 12 de febreiro de 1999.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo