Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 26 de marzo de 1999 Páx. 3.477

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/72-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: desvío L.M.T. aparcamento escola de enxeñeiros.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 15 kV, de 470 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V, desde o apoio actual de derivación ó C.T. da Escola de enxeñeiros industriais ata un apoio de enlace da L.M.T. ATI 721 con SDM 701, concello de Vigo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 5 de febreiro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra