Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 26 de marzo de 1999 Páx. 3.476

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/68-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Peña de Francia-Bosende-Torroso.

Situación: Mos.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 15 kV, de 115 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio 2 da L.M.T. ó actual C.T. Peña de Francia ata o C.T. que se proxecta en Peña de Francia-Bosende-Torroso, concello de Mos. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V. R.B.T. aérea de 65 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., desde o C.T. Peña de Francia. R.B.T. subterránea, de 25 m de lonxitude, con conductor tipo R.V., desde o C.T. Peña de Francia.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 5 de febreiro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra