Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 26 de marzo de 1999 Páx. 3.467

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 1999 pola que se convocan cinco cursos sobre información e atención ó cidadán para persoal da Administración local.

Dentro do plan de actividades da EGAP para 1999, e conforme coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987,

do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse cinco cursos sobre información e atención ó cidadán para persoal da Administración local que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

Primeira.-Obxectivos.

Comprensión dos modos de conducta e das diferentes situacións que se poden presentar no desen

volvemento dun posto de traballo de atención ó público.

Segunda.-Destinatarios.

Persoal ó servicio da Administración local con funcións de atención ó público integradas nos grupos C, D e E.

Terceira.-Solicitudes.

1. As persoas que desexen participar no curso programado deberán solicitalo no modelo oficial de solicitude que figura ó final da convocatoria, e cubrila en tódolos epígrafes. Cando solicite o curso máis dun interesado da mesma corporación, o responsable do persoal poderá especifica-la orde de preferencia. No caso de que non se especifique, a EGAP aplicarálle-los criterios de selección ós que se fai referencia na base sétima.

2. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección será motivo de exclusión automática.

Cuarta.-Tramitación de solicitudes.

As solicitudes irán dirixidas ó director da Escola Galega de Administración Pública e presentaranse no rexistro da EGAP, polígono das Fontiñas s/n, 15707 Santiago de Compostela, ou tramitaranse por calquera das outras formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Seguidamente efectuarase a selección dos participantes e esta notificaráselles directamente ós admitidos.

Quinta.-Prazo.

O prazo de presentación de instancias será de 15 días naturais, contados a partir da data de publicación da convocatoria.

Sexta.-Requisitos dos participantes.

O cumprimento do requisito esixido na base segunda deberá acreditarse mediante certificación expedida conforme o modelo oficial que figura como anexo I desta resolución.

Sétima.-Selección.

Os criterios de selección, dirixidos a concilia-las necesidades da organización na que prestan servicios os aspirantes e os intereses individuais destes, terán en conta a maior relación do posto de traballo desempeñado co contido do curso. Terán preferencia aqueles que non realizasen ningún curso de similares características ó convocado.

En calquera caso, os criterios de selección suxeitaranse ás directrices sinaladas na Resolución do 27 de xuño de 1994 (DOG nº 149, do 3 de agosto), pola que se fan públicos os criterios de participación nas actividades docentes da EGAP.

Oitava.-Modificacións.

A EGAP poderá modifica-lo desenvolvemento e mailo contido do curso anunciado para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A EGAP reserva para si a facultade de anula-lo curso se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización. Fíxase en 15 o número mínimo de asistentes.

Novena.-Desenvolvemento.

9.1. Duración: 24 horas.

9.2. Lugares e datas: A Coruña: 3, 4, 5, 13, 14, 18 e 19 de maio.

Lugo: 6, 7, 10, 11, 12, 19 e 20 de maio.

Santiago de Compostela: 23, 24, 25, 28, 29, 30 de xuño e 1 de xullo.

Ourense: 13, 14, 15, 23, 24, 27 e 28 de setembro.

Pontevedra: 29 e 30 de setembro, 1, 4, 5, 6 e 7 de outubro.

9.4. Horario: de 17 a 20.30 horas.

9.5. Prazas: 25 en cada localidade.

Décima.-Certificado de asistencia.

Outorgaráselles certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade no curso e é obrigatoria a asistencia a tódalas sesións. Toda inasistencia deberá ser xustificada convenientemente, sen que poida exceder en ningún caso do 15% das horas lectivas programadas.

Unha inasistencia superior ó 15% das horas lectivas programadas, aínda que sexa xustificada, impedirá a expedición do correspondente certificado.

Décimo primeira.-Contido.

Comportamento interpersoal. Elementos básicos de comunicación. Técnicas de información ó público. Estratexias de resolucións de problemas. Situacións de tensión.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 1999.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

D./Dna..., responsable dos servicios de persoal na entidade local...

CERTIFICO:

Que don/a..., no desempeño do seu posto de traballo, realiza tarefas directamente relacionadas co contido do curso solicitado.

..., ... de ... de 1999.

Asdo....