Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 25 de marzo de 1999 Páx. 3.432

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN FORO PERMANENTE GALLEGO E IBEROAMERICANO DE LA SALUD

ANUNCIO da contratación dunha asistencia técnica para a presentación de proxectos de cooperación ante organismos de financiamento multilaterais.

O orzamento total é de catro millóns de pesetas (4.000.000 de pesetas) IVE incluído.

A exposición de pregos da documentación administrativa e técnica estará á disposición dos interesados, nos locais da empresa Carlos Castro e Asociados, S.L., sita na rúa Santiago de Chile, 30-entresollado B de Santiago de Compostela, en días laborables, agás os sábados, desde as 9 ata as 14 horas.

A presentación de proposicións deberá facerse no rexistro da Fundación Foro Permanente Gallego Iberoamericano de la Salud, sita na rúa Ponferrada, 8-1º B de Santiago de Compostela, antes das 14 horas do décimo (10) día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, ou o inmediato hábil seguinte se o décimo día coincide en sábado, domingo ou festivo, facendo constar nos sobres nos que se entregue a proposición a referencia Contrato 2/99.

A apertura de proposicións, en acto público, efecturase na sala de xuntas da Fundación Foro Permanente Gallego Iberoamericano de la Salud, ás 12 horas do terceiro día hábil seguinte, contado desde o último fixado para a presentación das proposicións.

O pagamento deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 1999.

Francisco Reyes Santías

Director xerente da Fundación Foro Permanente Gallego Iberoamericano de la Salud