Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 25 de marzo de 1999 Páx. 3.427

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO de licitación (65/1998).

De conformidade cos artigos 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, e 42.6º da Lei 1/1997, do 24 de marzo de 1997, do solo de Galicia, faise público as persoas que a continuacióin se relacionan, xa que intentándose a notificación destas no último domicilio coñecido, esta non puido ser practicada que:

O Concello Pleno en sesión ordinaria realizada con data do 8 de xaneiro de 1999, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

O Concello Pleno acordou, por unanimidade, aprobar inicialmente o estudio de detalle para definicións de aliñacións en Outeiro, Cudeiro, a pedimento do Concello de Ourense.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo de 1997, do solo de Galicia, sométese o citado expediente, a exposición pública polo prazo dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que estimen pertinentes.

Ernesto Rodríguez Soutullo.

Emilio Fernández Soto.

Benigno Iglesias González.

Ernesto Soutullo Rodríguez.

Odila Novoa Santos.

Ourense, 1 de marzo de 1999.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente