Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 25 de marzo de 1999 Páx. 3.424

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 23 de febreiro de 1999 pola que se aproba o cambio de dominio das bateas Salmar número 10, JAR número 4 e García Canda número 4.

Vistos os expedientes de cambio de dominio que a continuación se mencionan, instruídos para efectos de transmisión das concesións administrativas pertinentes e dos establecementos que as amparan; tendo en conta que os interesados obtiveron a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista dos informes favorables do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade das concesións e establecementos que se relacionan a continuación:

Denominación da batea: Salmar nº 10.

Cultivo: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización: cuadrícula nº 9, Cangas E.

Data de concesión: 6-11-1959.

Data do remate da última prórroga: 17-11-2004.

Anteriores concesionarios: Dosinda Bragado Iglesias (76.830.658D) Manuel González Cruz (35.935.226A).

Novo titular concesión: Carmen González Bragado (35.293.164D).

Denominación da batea: JAR nº 4.

Cultivo: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización: cuadrícula nº 10, Redondela C.

Data de concesión: 3-6-1964 (BOE nº 173).

Data do remate da última prórroga: 20-6-2004.

Anterior concesionario: Dosinda Bragado Iglesias (76.830.658D) Manuel González Cruz (35.935.226A).

Novo titular concesión: Carmen González Bragado (35.293.164D).

Denominación da batea: García Canda nº 4.

Cultivo: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización: cuadrícula nº 12, Cangas F.

Data de concesión: 25-11-1964 (BOE nº 294).

Data do remate da última prórroga: 8-12-2004.

Anterior concesionario: Dosinda Bragado Iglesias (76.830.658D) Manuel González Cruz (35.935.226A).

Novo titular concesión: Carmen González Bragado (35.293.164D).

O novo concesionario queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesionarios, así como no cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

Vigo, 23 de febreiro de 1999.

P.D. (Orde 27-6-1990, DOG nº 134, do 10 de xullo)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo (Pontevedra)