Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 25 de marzo de 1999 Páx. 3.421

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 32/1999).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28-11-1997), e decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24-10-1966), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese a información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con enderezo na Avda. de Arteixo, 171, da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e a aprobación do proxecto de execución das instalacións da liña eléctrica aérea a 20 kV de 526 m de lonxitude en conductor LA-56 que parte da L.M.T. Portodemouros-Touro e final no C.T. de Marza-Ribeira, tipo aéreo de 50 kV.

Finalidade: mellora-la seguridade e calidade da subministración da zona de Marza e Ribeira no termo municipal de Touro. (Expediente 32/99).

En consecuencia, calquera persoa e os interesados que figuran na relación anexa, ós que se lles practica notificación individual, por xestión directa ante a entidade beneficiaria poderán rectifica-la titularidade dos predios, se este é o caso, e recadar datos para a identificación dos bens que se afecten; e examina-lo proxecto nesta delegación, sección 3ª enerxía, 2ª planta, edificio administrativo Monelos, praza de Luis Seoane, s/n, 15071 A Coruña; así mesmo, poderán formular por escrito alegacións en razón do disposto na Lei 54/1997 e nos decretos citados, dentro do prazo de trinta días seguintes ó da presente publicación.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultaren os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou cando se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 19 de febreiro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 32/1999. Provincia: A Coruña.

L.M.T., C.T., R.B.T. Marza-Ribeira.Termo municipal: Touro.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1Prado do MontePradoHerminio Amigo Junquerar/ Bedolla, 6-4ºC

32004 Ourense

œ 1125250

2Fonte do MonteLabradíoJosé Antonio Vila Trigor/ Pombal, 9

15705 Santiago de Compostela

œ1130300

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

13O MuíñoPradoRamón Mera MonteroRúa San Pedro, 119 baixo

15715 Santiago de Compostela

œ3130210

15O MuíñoPradoJosé Iglesias LamasRiveira, Pquia Turces

15822 Touro

œC.T.31101.720

16O MuíñoPradoRamón Mera MonteroRúa San Pedro, 119 baixo

15715 Santiago de Compostela

œC.T.340