Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 25 de marzo de 1999 Páx. 3.419

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 113/1998).

Declarados de urxente ocupación os bens e dereitos afectados pola instalación da liña eléctrica aérea a 15/20 kV de 1.383 m de lonxitude desde o apoio nº 53 da liña Vilasuso-Calzados, centro de transformación tipo intemperie no lugar de Barbela e rede de baixa tensión do C.T. de Pena da Rama, do termo municipal da Capela (expediente 113/1998) por resolución desta delegación provincial de Industria de data 8 de outubro de 1998, a favor da entidade

beneficiaria Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio na avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Esta delegación provincial acorda sinala-lo levantamento das actas previas á ocupación de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens e dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello da Capela, deducida da que se someteu a información pública no DOG do 9-7-1998 e no BOP do 9-6-1998 e no xornal El Ideal Gallego do 5-6-1998, acto ó que deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que se lles practicará notificación individual sinalándoselles os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida casa do concello.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 17 de febreiro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña