Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.
Domicilio social: rúa Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.
Denominación: R.B.T. en Pedreiras (Cospeito).
Situación: Cospeito.
Descricións técnicas: R.B.T. aérea de Pedreiras de 870 metros a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 27 de xaneiro de 1999.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo