Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 25 de marzo de 1999 Páx. 3.417

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/149-2, 4631 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de

execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: rúa Cidade de Viveiro, 27000 Lugo.

Denominación: L.M.T. subterránea e C.T. edificio Orxales.

Situación: Viveiro.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV, con conductor D.H.Z1-12/20 kV de 1x50 mm al centro de transformación de 400 kVA 20.000/400-231 V±2,5%±5%, para dar servicio eléctrico ó edificio Orxales en Viveiro.

Orzamento: 3.016.125 pesetas.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 14 de xaneiro de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo