Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 24 de marzo de 1999 Páx. 3.351

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 1999 pola que se anuncia concurso para a execución das obras de remodelación do mercado Eusebio da Guarda e a súa posterior xestión e explotación mediante concesión.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Sección da Contratación.

b) Número de expediente: C98/4.

2. Obxecto do contrato: execución das obras de remodelación do mercado Eusebio da Guarda e a súa posterior xestión e explotación mediante concesión.

Prazo de concesión: prazo máximo 70 anos.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento/canon da concesión: non se fixa canon anual para percibi-lo concello, deixándose en liberdade ós licitadores para propoñelo nas súas ofertas.

5. Garantía provisional: 15.000.000 de pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Domicilio: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Clasificación: grupo A, subgrupos 1 e 5, categoría d; grupo C, subgrupos 1, 2, 4 e 5, categoría e; grupo G, subgrupos 4 e 5, categoría e; grupo I, subgrupos 1 e 6, categoría e.

8. Presentación de proposicións:

a) Prazo: dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, finalizando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido («Proposición económica e técnica» e «Documentación xeral») e o seguinte lema: «Proposición que presenta ... (nome ou denominación social do licitador), para optar ó concurso para a execución das obras de remodelación do mercado Eusebio da Guarda e a súa posterior xestión e explotación mediante concesión (Ref. C98/4)».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 9 de marzo de 1999.

O alcalde

P.D.

Rubricado