Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 24 de marzo de 1999 Páx. 3.350

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 22 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica o inicio do expediente sancionador en materia de vivenda E.S. OU-06/99, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27), notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que con esta data resolvín publica-lo inicio do expediente sancionador por infracción en materia de vivenda por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Contra a dita reslución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes contado a partir do día desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

Ourense, 22 de febreiro de 1999.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente nº: E.S. OU-06/99.

Responsable: Construcciones Cid Guede, S.A.

DNI: A-32025272.

Enderezo: Nosa Sra. da Saínza, 21.

Feitos imputados: neglixencia durante a execución da vivenda 1º B das de protección oficial situadas no inmoble da rúa Pablo Picasso, nº 17.

Precepto sancionador: Art. 6.1º e) da Lei 13/1996, do 30 de decembro.

Cualificación da infracción: moi grave.

Sanción proposta: 500.000 ptas.