Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 24 de marzo de 1999 Páx. 3.348

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 12 de febreiro de 1999 pola que se autoriza o cambio de localización da batea denominada F.H.O. número 1.

Visto o escrito presentado por Ángel Rodríguez Torrado, con DNI nº 32.341.692-N no que solicita cambio de localización da batea F.H.O. nº 1.

Tendo en conta os informes emitidos polo sector e a proposta da Dirección Xeral de Recursos Mariños, conforme o artigo 9 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (DOG nº 228), considerando que na tramitación do expediente se verificaron tódalas dilixencias procedentes nestes casos, esta consellería resolve autoriza-lo cambio de localización do seguinte establecemento:

Batea denominada: F.H.O. nº 1.

Titular: Ángel Rodríguez Torrado.

Cultivo: mexillón.

Remate da vixencia da concesión: 21-4-2004.

Localización anterior: polígono Caramiñal E, cuadrícula nº 192.

Nova localización: polígono Ribeira B, cuadrícula nº 68.

Baixo as seguintes condicións:

1. O traslado da batea á nova localización contará coa pertinente autorización dos organismos competentes na materia.

2. O fondeo realizarase no prazo máximo de seis meses contados desde a publicación da presente orde.

3. A data do fondeo deberá ser comunicada con antelación suficiente á Delegación Comarcal desta consellería en Ribeira, para os efectos de que este se realice baixo a supervisión e o control de persoal técnico do Servicio de Protección de Recursos.

4. A concesión manterá os prazos, dereitos e obrigas do anterior emprazamento.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela procederá recurso contencioso-administrativo, que se interporá no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa recepción, ante o tribunal contencioso-administrativo competente, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 1999.

P.D. (Orde 17-12-1997, DOG nº 246, do 22)

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura