Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 24 de marzo de 1999 Páx. 3.339

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CORRECCIÓN de erros.-Cédula do 18 de xaneiro de 1999, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican as resolucións dictadas en recursos interpostos contra resolucións de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente LU-00990-O-98 e oito máis).

Advertidos erros no texto da citada cédula, publicada no DOG nº 27, do mércores, 10 de febreiro de 1999, cómpre face-las oportunas correccións:

-Na páxina 1.496, a partir da liña 13 da citada cédula, onde di: «as resolucións dos recursos interpostos contra as resolucións dos expedientes sancionadores instruídos por infraccións da normativa reguladora dos transportes terrestres», debe dicir: «as resolucións sancionadoras dictadas polo director xeral de Transportes, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo».

-Na mesma páxina, na liña 18 da citada cédula, onde di: «recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no plazo de dous meses», debe dicir: «recurso ordinario ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda dentro do prazo dun mes».