Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 24 de marzo de 1999 Páx. 3.339

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO TOGADO MILITAR TERRITORIAL NÚMERO CORENTA E UN DA CORUÑA

REQUISITORIA (41/13/1998).

O comandante auditor José Alfredo Fernández Pérez, titular do Xulgado Togado Militar Territorial número 41 da Coruña, fai saber que:

Pola presente requisitoria e nas dilixencias preparatorias número 41/13/1998 instruídas por presunto delicto de abandono de destino, cítase e chámase o soldado ET(MR) Joshep Ghanime López, fillo de Ghassan e María Rosario, nado na Coruña con data do 2 de agosto de 1973, DNI número 32.821.194, para que no prazo de quince días (15) contados a partir do seguinte ó de que esta requisitoria apareza inserida neste boletín oficial, compareza ante este Xulgado Togado Militar Territorial número 41 sito na Coruña, praciña de Santo Domingo, 18, acuartelamento de Santo Domingo, baixo apercibimento de ser declarado rebelde.

Asemade, rogo e encargo a tódalas autoridades e forzas de seguridade que tan pronto teñan coñecemento do paradoiro do referido inculpado procedan á súa captura e posta a disposición deste órgano xudicial.

A Coruña, 24 de febreiro de 1999.

José Alfredo Fernández Pérez

Comandante auditor-xuíz togado