Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 24 de marzo de 1999 Páx. 3.338

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

EDICTO (132/1998-J).

Eu, Ana Isabel Villar Fernández, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número

dous dos de Noia e o seu partido, dou fe de que nas dilixencias de xuízo de faltas número 132/1998, sobre lesións en agresión, inxurias e ameazas, se dictou sentencia cunha decisión que é como segue:

«Que debo absolver e absolvo a Antonio Estevan Arias Rodríguez, Cesáreo Rodríguez Fernández, Arsenio Enrique Quevedo, Mbaye Lo, Avelino Villar Fenández, Mohammed Shakil Khan, M. Cristina Iglesias Santomé, Carlos de Miguel Lorenzo, Fernando M. Cambeiro Rodríguez, Fernando López Yáñez, Francisco Ameneiro Gueto, J. Manuel Juanatey García, Cipriano J. Hermida Redondo e a Salvador Lires Pereira, declarando de oficio as custas procesuais ocasionadas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes con indicación de que non é firme e poden interpoñer recurso de apelación no prazo de cinco días, contados desde o seguinte á súa notificación, ante este xulgado perante a Audiencia Provincial da Coruña. Este recurso formaliarase e tramitarase conforme o disposto nos artigos 795 e 796 da L.A. Criminal.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgado nesta instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa».

E para que lle sirva de notificación ó denunciante/denunciado, Fernando M. Cambeiro Rodríguez, en paradoiro descoñecido, expido e asino este edicto en Noia, o un de marzo de mil novecentos noventa e nove.

A secretaria

Rubricado